El Correo Gallego

Noticia 25 de 49 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Amicos premiará na campaña do autismo ao mellor escaparate decorado de azul

FOTO: ECG
FOTO: ECG

S. S.   | 27.03.2019 
A- A+

Alfonso Pérez, unha das 30 persoas autistas que atende a asociación Amicos en Barbanza, propúxolle onte un reto aos comercios e colexios da comarca: que decoren os escaparates e os centros de ensino de cor azul para concienciar á cidadanía de que cómpre axudar ás persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA). Este é o obxectivo da campaña presentada en Boiro, que empezou onte e continuará ata o día 2. Os establecementos poderán utilizar globos, flores, lazos, roupa, carteis, iluminación, etc., e haberá un premio para a mellor iniciativa. Os escolares deberán reproducir o símbolo de infinito (cas mans, con grupos de persoas, con cartolinas...), sacar unha foto ou gravar un video e explicar que farían para conseguir unha sociedade máis inclusiva para as persoas con dita enfermidade. As creacións remitiranse ó colectivo para a súa difusión nas redes sociais. No acto celebrado na vila boirense participaron representantes das patronais de Rianxo (Ana Vicente), Boiro (Tomás Estévez) e Ribeira (Antonio Miranda e Francisco Martínez) e a presidenta e a vicepresidenta da entidade, Esther Vidal e Digna Iglesias, respectivamente.