El Correo Gallego

Noticia 19 de 108 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Arousa-Norte sorteará nas súas rutas de tapas catro bonos gastronómicos

S. S.   | 07.11.2019 
A- A+

A ruta Arousa-Norte + que Tapas, que organiza a Mancomunidade, alcanza a súa quinta edición cunha novidade: celebrarase un fin de semana en cada concello, comezando mañá en Boiro. En canto aos premios para os establecementos participantes, o público elexirá cos seus votos a proposta gañadora.

Premiarase a un local de cada municipio da comarca coa asistencia ao showcooking do Festival da Luz de Boimorto, donde poderán elaboralas e presentalas.

Pola súa banda, os clientes participarán nun sorteo de catro bonos gastronómicos e un concerto exclusivo que terá lugar antes de que finalice este ano. Nesta edición, os adegueiros dos Viños da Terra de Barbanza e Iria Antonio Saborido e Francisco Crussat colaboran propoñendo maridar os petiscos (que se venderán a 2,50 €) cos seus caldos.

Esta fin de semana, dende as oito da tarde, o sumiller boirense Juan Figueroa Treus aconsellará aos clientes que viño tomar con cada tapa, mentres que o humorista Quico Cadaval contará contos nos establementos implicados: Puzzle, Ginlab, Casa Magán, Al Atlántica, A Batea de Juan, Kir´s, Barbantia, Tres Catorce e PuertoVictoria.

Os asistentes terán a oportunidade de gañar unha entrada para o concerto de Wyoming y Los Insolventes que terá lugar mañá ás 23.00 na sala A Pousada da Galiza Imaxinaria.