El Correo Gallego

Noticia 33 de 90 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Augas de Galicia limpa en Boiro o río Coroño e 3 regos

S.S.   | 28.06.2019 
A- A+

Augas de Galicia está a executar estes días actuacións de limpeza e conservación nos regos Pontellón, Lampán e Pasariño e no río Coroño, ao seu paso polo Concello de Boiro. Os traballos, que coinciden cos tramos que percorren os lugares de Lampón e Boiro, céntranse na retirada de árbores, pólas caídas e madeira morta na canle, así como na roza selectiva.