El Correo Gallego

Noticia 3 de 125 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Boiro arranca o ano con espectáculos de música e humor na Carpa dos Soños

S.S.   | 02.01.2020 
A- A+

O programa de Nadal no Concello de Boiro non ten pausa. Música, teatro e, sobre todo, moito humor, son os elementos principais da variada oferta de espectáculos cos que arranca o novo ano na concurrida Carpa dos Soños instalada na praza consistorial. Hoxe xoves preséntase o titulado Superharte, de Patty Diphusa, a partir das sete e cuarto da tarde. A súa protagonista vai utilizar todas as habilidades aos seu alcance: bailar, trepar, inchar globos e, incluso, meterse dentro deles. E mañá venres, á mesma hora, será o turno de Radio Bulebule, da man de Paco Nogueiras, no que se reproducen cancións como si se tratase dunha emisora de radio. O medio radiofónico é o que inspira as cancións que se recollen no libro-cd editado por Kalandraka e que se representa neste espectáculo. Os temas dispóñense a modo de parrilla de programación. O mencionado espazo lúdico clausurarase o vindeiro sábado día catro ás 19.00 co sorteo dos agasallos que levará a cabo a Asociación Boirense de Empresarios entre as cartas depositadas polos nenos e nenas no buzón para os Reis Magos e a actuación de Ce Orquestra.