Miércoles 16.10.2019 Actualizado 19:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 2 de 81 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Boiro comeza a ampliación do ximnasio da piscina cuberta

S. S.   | 19.09.2019 
A- A+

O Concello de Boiro iniciou onte as obras de ampliación e mellora do ximnasio da piscina municipal cuberta, cun orzamento de 81.000 € e un prazo de execución de dez semanas.

O proxecto contempla duplicar o tamaño do complexo, chegando case aos 200 m2, con criterios de sostibilidade ambiental e redución de consumos.

A iluminación, a base de lámpadas Led, de máximo rendemento e duración, vai reducir nun sesenta por cento a factura eléctrica actual. Tamén o novo sistema de renovación do aire suporá un aforro enerxético. A nova cimentación vaise facer cun método de plásticos reciclados e as paredes, con materiais cerámicos cun alto contido de elementos de reciclaxe.