El Correo Gallego

Noticia 6 de 125 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Boiro contratará a sete axentes de Policía Local

S.S.   | 14.02.2020 
A- A+

Vistas as necesidades para prestar o servizo nos meses de verán, nos que a poboación do municipio aumenta de xeito notorio, o Concello de Boiro abriu o prazo para a presentación de solicitudes dun proceso selectivo para a contratación laboral temporal de sete auxiliares de Policía Local durante seis meses. Os contratos de traballo serán de laboral temporal e o sistema de acceso é mediante oposición libre. Os interesados en presentarse á convocatoria teñen que cumprir os requisitos recollidos no Estatuto Básico do Empregado Público. As solicitudes presentaranse mediante instancia no rexistro xeral da administración local ou na sede electrónica (boiro.sedelectronica.gal) ata o vindeiro martes 25.