El Correo Gallego

Noticia 4 de 125 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Boiro convoca axudas ó transporte para estudantes de ciclo, grao ou mestrado

S. S.   | 17.01.2020 
A- A+

O Concello de Boiro convocou axudas ó transporte para os estudantes que se desprazan fóra do municipio para cursar estudos de ciclo, grao ou mestrado. En total destínanse 5.000 €, repartidos en distintas cantidades en función dunha serie de criterios. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o vindeiro día 31 e, con intención de simplificar o proceso de xustificación, incluíronse algunhas modificacións na documentación requirida e nos criterios para a concesión. Para a asignación das contías vaise empregar un sistema por puntos no que se terán en conta a nota media, a distancia ó centro de estudios, o número de membros da unidade familiar e a situación de desemprego dos proxenitores. Pode participar nesta convocatoria todo o alumnado que curse estudos técnicos, medios ou superiores que non poidan realizarse no municipio. Os requisitos son ser menor de 27 anos, empadroados en Boiro, cunha antigüidade mínima de 2 anos e non estar repetindo curso. Como novidade, unha vez publicada a lista definitiva de beneficiarios, entregarase o importe concedido sen ter que xustificar con tiques.