Viernes 18.10.2019 Actualizado 19:21
Google    

El Correo Gallego

Noticia 4 de 81 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Boiro Novo suspende ao goberno entre duras críticas

Primeiras gretas nas columnas do executivo de Romero: "Comezou xa mal a andadura", di

SUSO SOUTO   | 25.09.2019 
A- A+

A formación Boiro Novo, que xunto con BNG e ICB permitiu a investidura do alcalde socialista José Ramón Romero, dixo onte que "non pode dar un aprobado" á xestión do goberno, ó facer balance dos cen primeiros días de mandato.

Sinala que "comezou xa mal a súa andadura" ao apoiarse no PP en vez de "nos grupos da esquerda que lle ofreceramos o noso apoio", tanto para a formación do goberno "como para aprobar uns soldos excesivos, na liña dos da anterior lexislatura, cando non superiores, como é no caso dos tres concelleiros que, a pesares de non ter adicación, cobran máis de 1.000 euros mensuais".

Engade que "a apertura de Radio Boiro segue paralizada" a pesar de que pactara co PSOE facelo "antes de rematar este ano" e que "volveu usar o dedo ao igual que o PP para contratar unha responsable de propaganda". Finalmente, di que o goberno socialista está "máis preocupado por saír nas fotos" e que "unicamente puxo impedimentos para colaborar de xeito estable co resto da esquerda nestes cen días".

Asimesmo, o partido representado na Corporación por Dores Torrado empraza ó PSOE "a deixar de mirar á súa dereita e voltar ó clima de acordos previo á investidura para sacar adiante as reformas progresistas de calado que precisa o noso concello".