El Correo Gallego

Noticia 5 de 92 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Ciclos sobre benestar animal, conservas e poda nas aulas da UNED Senior de Boiro

S. S.   | 30.09.2019 
A- A+

A concellería de Emprego do Concello de Boiro abre os prazos de inscrición para os cursos do primeiro cuadrimestre da UNED Senior 2019-2020 que se van impartir entre os meses de outubro e xaneiro. Este primeiro cuadrimestre contará con tres accións formativas, todas elas de trinta horas de duración.

Unha delas será sobre benestar animal e impartirase os luns alternos en horario de catro e media a oito e media da tarde, estando previsto o seu inicio para o vindeiro 14 de outubro. O día 15 dese mes comezarán as clases da actividade centrada nas conservas caseiras de alimentos, que terán lugar os martes alternos de 16.30 a 20.30 horas.

O terceiro dos cursos que están programados na localidade boirense para o citado período é o de poda, enxertos e cultivo de froita ecolóxica, que se desenvolverá tamén os martes alternos no mesmo horario. O prezo da matrícula en calquera destas accións de capacitación é de 50 euros. En canto ao lugar elixido para acollelas son as aulas do viveiro de empresas, ubicado no polígono industrial de Espiñeira.

Os interesados poden chamar ó número 981 842 609.