El Correo Gallego

Noticia 7 de 116 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Destinarán un espazo do centro social á rapazada

Imaxe da visita que realizaron os alumnos do Santa Baia ao centro social - FOTO: Concello
Imaxe da visita que realizaron os alumnos do Santa Baia ao centro social - FOTO: Concello

M. T.   | 13.12.2019 
A- A+

Dentro das actividades programadas para conmemorar o 20 aniversario do centro social de Boiro, os alumnos do CEIP Santa Baia visitaron esta semana as instalacións para coñecelas, saber o traballo e as actividades que alí se realizan e facer as súas propostas para dedicar un espazo dentro do edificio público para a rapazada da súa idade. Así, uns 60 escolares do Santa Baia fixeron as súas aportacións para crear un espazo destinado para eles, deseñando unha maqueta.

A idea é, segundo sinalaron dende a alcaldía, que esta nova área se abra na segunda planta do centro e que recolla parte das iniciativas que xurdiron deste taller, como son acondicionalo cun televisor que permita ver películas, e tamén que sexa unha zona aberta e participativa.