El Correo Gallego

Noticia 14 de 125 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Investigado un madrileño por estafa na venda dun vehículo

Foi denunciado por un boirense que lle pagou 5.500 € e que nunca recibiu o coche

S. S.   | 14.02.2020 
A- A+

O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Compañía de Noia investigou a un veciño da localidade madrileña de Torrejón de Ardoz como presunto autor dun delito de estafa que foi denunciado por un boirense.

A víctima localizara un vehículo de ocasión nunha coñecida páxina de compraventa de internet, tras o cal se puxo en contacto co vendedor, acordando con el a compra do turismo por un importe de 5.500€.

Ambos pactaron que o mencionado vehículo sería trasladado ata a localidade do comprador mediante unha empresa de transportes, efectuando o abono da cantidade acordada tras a confirmación por parte da empresa de que a mercancía estaba de camiño. O mencionado pago prodúxose unha vez que recibiu un correo electrónico no que se lle confirmaba que se tiña iniciado xa o traslado.

Ao non recibir o turismo nun prazo prudencial, o denunciante tratou de poñerse en contacto varias veces, sen éxito, co vendedor e coa suposta firma de transportes. Durante a investigación dos feitos, os axentes lograron a identificación do suposto autor, procedendo á súa investigación como presunto responsable dun delito de estafa.

O investigado, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción de garda de Ribeira.