El Correo Gallego

Noticia 15 de 49 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Só marisco da pesca artesanal entra na cooperativa de Boiro

Covadonga Toca destacou o valor da economía social na visita á nave de Ría de Arosa // Ten depuradora, cetaria e criadeiro

Pola esquerda, Covadonga Toca, Casais, Paz, Dieste e unha empregada da cooperativa - FOTO: G
Pola esquerda, Covadonga Toca, Casais, Paz, Dieste e unha empregada da cooperativa - FOTO: G

SUSO SOUTO BOIRO   | 17.04.2019 
A- A+

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou onte en Boiro, durante a visita que realizou á cooperativa Ría de Arosa, a importancia de impulsar a economía social en Galicia, "xa que promove a consolidación de empresas enfocadas ás persoas e cunha maior cohesión territorial e social", sinalou.

Neste sentido, puxo en valor o traballo realizado por dita entidade, que centraliza toda a súa actividade na nave de Abanqueiro (a depuradora, a cetaria e o criadeiro de ameixa) apostando unicamente polo marisco galego procedente da pesca artesanal.

Alí tivo a oportunidade de coñecer os proxectos que os cooperativistas van poñer en marcha proximamente e resaltou a importancia de apostar por este sector do que forman parte máis de 3.000 colectivos, entre cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción laboral e centros especiais de emprego, cun volume de negocio de 3.000 millóns de euros e que xeran preto de 14.500 postos de traballo directos.

Ademais, lembrou que ata o vindeiro día 30 está aberto o prazo para presentar as solicitudes dos Premios á Cooperación.

A representante autonómica coñeceu as instalacións acompañada pola subdirectora xeral de Economía Social, Alba Paz; o alcalde de Boiro, Juan José Dieste; e o presidente da organización, José Antonio Casais, entre outros.