El Correo Gallego

Noticia 14 de 49 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Piden actualizar o deseño dos pantaláns para Cabo de Cruz

S.S.   | 17.04.2019 
A- A+

Boiro. A portavoz de Pesca do PSdeG, Loli Toja, esixiulle á Consellería do Mar que actualice o proxecto de construción de pantaláns no porto de Cabo de Cruz (Boiro), tras denunciar que as reiteradas demoras provocaron que quedara obsoleto, pois contempla embarcacións de 2009 "que xa non existen" e fano inoperativo para as naves actuais.

As medidas tomadas como referencia "son moi diferentes ás que hai actualmente a flote", dixo. Tamén advertiu que esta incongruencia "impide que os novos barcos poidan usar os pantaláns". Engadiu que "a obra continúa sen executarse a pesares de que nos orzamentos de 2018 se consignaron 1,7 millóns, cifra que ascendeu a 2 millóns nos de 2019".