El Correo Gallego

Noticia 3 de 100 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Pomar eloxia o traballo do colexio de Abanqueiro no eido do plurilingüismo

Tamén destacou a súa implicación nos plans para alumnado con dificultades

Pomar, con alumnos do CEIP de Abanqueiro - FOTO: ECG
Pomar, con alumnos do CEIP de Abanqueiro - FOTO: ECG

S.S.   | 24.09.2019 
A- A+

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou onte o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, en Boiro, un dos máis veteráns no modelo plurilingüe, ao que se incorporou en 2001.

Alí anunciou que este ano se incorporan ou amplían este modelo 69 centros educativos de toda Galicia, donde hai xa 377 con plurilingüismo en Primaria ou ESO, 171 con PluriInfantil, 13 con PluriBach e 23 imparten ciclos formativos de FP nalgunha lingua estranxeira. A maiores, as seccións bilingües increméntanse este curso ata 4.647 en 727 colexios.

A representante autonómica felicitou á comunidade educativa do CEIP boirense polo seu traballo nese eido e noutras iniciativas, como os contratos-programa, dos que desenvolveu o pasado curso as liñas 1 e 2. A primeira, de reforzo, orientación e apoio, busca mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades. A segunda céntrase nas accións para a mellora das competencias clave, en especial da matemática.

Na súa visita estivo acompañada do delegado territorial, Indalecio Cabana, e do tenente de alcalde, José Luis Ruiz, entre outros.