El Correo Gallego

Noticia 2 de 116 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Regreso do mercadiño de Boiro á rúa da Constitución

M. T.   | 17.12.2019 
A- A+

O mercadiño semanal que cada martes se celebra en Boiro volve hoxe, día 17, á avenida da Constitución. Así o avanzaron onte fontes municipais, despois de que se fixera a asignación dos espazos na nova localización.

Destacar que desde que se fixo público o cambio de ubicación, recibiron numerosas solicitudes para instalar postos, ademais dos xa existentes para aumentar os metros. Deste xeito, a nova distribución manterá primeiramente os postos tal e como estaban para darlle prioridade á antigüidade e, unha vez distribuídos estes espazos, comezaron a designarse as áreas que quedaron libres.

O alcalde boirense, José Ramón Romero, visitará ás 12.30 horas o mercado.