Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boqueixón reduce os residuos orgánicos e incrementa a reciclaxe de refugallos

O Concello de Boqueixón reduciu nun 2,5% os residuos orgánicos dende 2018. Por contra, rexistrouse un incremento dun 5,6% na reciclaxe de refugallos depositados nos colectores de envases lixeiros e plásticos. Así se desprendeu do balance do servizo municipal de recollida de lixo, tendo en conta os resultados obtidos entre xaneiro e setembro tanto deste ano como do pasado. No caso do 2018, cuxo total anual ascendeu a 1.289.900 quilos, depositáronse neses nove meses 964.780 quilos de residuos orgánicos nos colectores verdes. No mesmo período do 2019, a cifra viuse reducida ata os 940.480. Pola súa banda, a veciñanza tirou 24.160 quilogramos de residuos aos colectores amarelos no que vai deste ano. O Concello boqueixanés tamén deu a coñecer o balance da actividade do punto limpo. Durante o ano pasado recibíronse un total de 116.201 toneladas de lixo. O grupo máis numeroso está conformado polo papel e o cartón, con preto de 50 toneladas. Outro dos materiais máis depositados foi a madeira, seguida dos voluminosos, chatarra, cartón palla, cristal, film natural, electrodomésticos e residuos non reciclables.

23 oct 2019 / 20:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito