El Correo Gallego

Noticia 26 de 37 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

O CIM de Boqueixón conmemora o 8-M con ‘18 chanzos feministas’ e a mostra de pintura ‘Muller tiñas que ser!’

A programación co gaio do Día Internacional da Muller complétase coa difusión da Guía de Lingua Inclusiva do Concello de Boqueixón

BOQUEIXÓN  | 08.03.2019 
A- A+

As escaleiras ao primeiro andar da Casa do Concello de Boqueixón estrean hoxe os 18 chanzos feministas. Unha iniciativa do CIM de Boqueixón coa que se conmemora o Día Internacional da Muller e que está incluida nunha programación especial que finalizará o vindeiro 5 de abril.

Así, toda persoa que se achegue ao Consistorio poderá ler citas célebres sobre feminismo de persoeiras como Rosalía de Castro, Frida Kalho, Virginia Wolf, Mary Shelley, Gloria Steinem ou Elvira Sastre. Estes 18 chanzos feministas rematan cunha frase do propio CIM de Boqueixón: “As mans para loitar, non para ferir; a fala para acariñar, non para anular”.  

Tamén a Casa do Concello acolle dende hoxe a exposición Muller tiñas que ser! Unha mostra organizada polo CIM e polo Departamento de Educación e Cultura, que conta con preto de 30 pinturas de 14 autoras do municipio boqueixanés e marcadas por diversa temática. Esta mostra poderase visitar ata o vindeiro 5 de abril en horario de 09.00 a 14.30 horas.

Por outra banda, o CIM tamén editou unha Guía de linguaxe inclusiva do Concello de Boqueixón. Trátase dunha ferramenta coa que se pretende garantir o uso dunha linguaxe inclusiva en todos os procesos que se desenvolvan na administración local.