El Correo Gallego

Noticia 18 de 73 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Continúan na Comarca os plenos de organización

Boqueixón e O Pino xa teñen as dedicacións e A Baña decidirá todo o luns día 15

Un momento da pleno de organización de Boqueixón - FOTO: C. Boqueixón
Un momento da pleno de organización de Boqueixón - FOTO: C. Boqueixón

C. ESTÉVEZ  | 13.07.2019 
A- A+

Esta semana foron varios os plenos de organización que foron sucedéndose nos distintos municipios da Comarca de Santiago con ánimo de deixar asignadas as concellerías e dedicacións para a nova lexislatura.

Boqueixón aprobaba por unanimidade a configuración da Comisión de Contas. No resto de puntos da orde do día, os catro edís da oposición votaron en contra. Así, saíron aprobados cos 7 votos dos concelleiros e concelleiras do PP a periodicidade das sesións plenarias, o nomeamento de representantes en órganos colexiados, a designación de dedicacións exclusivas, indemnizacións e integrantes da Corporación por asistencias a órganos colexiados e asignacións a grupos políticos, e a creación da Xunta de Goberno Local e delegación de competencias do Pleno.

No Pino as dedicacións exclusivas pasarán de tres a dúas e mantéñense os mesmos salarios que no anterior mandato. Tamén se aprobou celebrar sesións ordinarias o último mércores de cada trimestre ás 10.00 horas e crear a xunta de goberno local.

Pola súa parte, A Baña volverá celebrar a sesión plenaria o próximo luns, despois de que no do pasado 29 de xuño só se aprobase celebrar plenos mensuais e a constitución dos grupos políticos. Nesta xuntanza deberanse compoñer as Comisións informativas, nomearanse os representantes do concello nos órganos colexiados e determinaranse as retribucións e os cargos con dedicación exclusiva, ademais das axudas de custo e indemnizacións por asistencia a sesións. Cobrará vital importancia a formación da Comisión especial de contas, obrigatorio por lei e que ten que crearse antes de que remate o pleno. Polo tanto, a Corporación da Baña prepárase para unha sesión na que será vital o diálogo entre grupos.

DATOS

1 O Pino distribuiu as áreas de goberno da seguinte forma: Eva Varela, Educación e Cultura; José Manuel Carreira, Infraestruturas e Medioambiente; Mercedes Vázquez, Benestar Socia, Muller, Familia e Xuventude; Gerardo Pintor, Sanidade e Medio Rural; José Fuentes, Emprego e Promoción Económica; Manuel Taboada, Urbanismo.

2 Boqueixón Manuel Fernández, alcaldía e asuntos protacolarios en obras públicas; Ana María Seijo, Servizos Sociais e Igualdade; José Manuel Canabal, Turismo e Desenvolvemento Local; Marta Magina, Educación, Cultura e Deporte; Alejandro Bermúdez, Industria e Emprego; J.M. Iglesias, Economía e Sanjuás, Obras.

3 A Comisión de Contas de Boqueixón estará formada por o presidente, o rexedor Manuel Fernández Munín; o vogal 1, J.M Iglesias; o 2 será Alejandro Bermúdez; o 3 Marta Copóns; o 4 Xabier Canabal; e a 5 será Ángela Santasmarinas.