El Correo Gallego

Noticia 36 de 37 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Detida por roubar xoias a un familiar en Boqueixón

A.P.   | 23.02.2019 
A- A+

A Garda Civil de Lestedo, en Boqueixón, detivo a unha muller por roubar xoias e diñeiro no domicilio dunha familiar. Segundo informou o Instituto Armado recuperouse a totalidade do subtraído: 3.235 euros. A autora dos feitos, familia directa da propietaria do domicilio, fracturou unha fiestra para acceder ao interior. Por todo isto procedeuse a súa detención.