El Correo Gallego

Noticia 8 de 38 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Encontro entre enfermeiros e o programa de Prevención

Profesionais do centro de saúde de Boqueixón aclararon dúbidas ós asistentes

C.E.   | 23.04.2019 
A- A+

A veciñanza participante no programa de Prevención da dependencia do Concello de Boqueixón vén de participar nun encontro con persoal de enfermería do centro de saúde. Esta cita foi organizada pola coordinación do propio programa como complemento ás iniciativas que se desenvolven semanalmente.

A reunión tivo lugar no local social de Vigo, lugar que acolle as actividades desta iniciativa. A temática centrouse no tratamento e hixiene dos pés, aínda que tamén se abordaron outros asuntos. Así, as máis dunha ducia de persoas asistentes expuxeron as súas dúbidas sobre cuestións como a alimentación saudable, o Sintrom ou a diabetes.

Profesionais do centro de saúde boqueixanés aclararon as dúbidas plantexadas, ao tempo que se amosaron gratamente sorprendidos polo desenvolvemento desta iniciativa. Neste senso, destacaron a importancia do programa de Prevención e as súas características posto que, explicaron, contribúe a mellorar a calidade de vida da veciñanza que acude.

As máis de dice persoas que acudiron á cita amosáronse moi participativas e valoraron moi positivamente esta proposta Dado o éxito acadado, os coordinadores van continuar organizando outros encontros deste tipo con profesionais do municipio.