El Correo Gallego

Noticia 23 de 37 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Éxito da visita teatralizada organizada polos concellos de Boqueixón e Cruces

FOTO: ECG
FOTO: ECG

O. D. VILLAR   | 19.03.2019 
A- A+

Máis dun cento de persoas participaron no programa de visitas teatralizadas na Ponte Ledesma que impulsaron os concellos de Boqueixón e Vila de Cruces, actividades que resultaron todo un éxito de convocatoria con máis de cincuenta asistentes por sesión. A última delas celebrouse onte pola mañá. O punto de partida foi o Campo do Río. Dende alí, co capitán do exército de Trasdeza, Benito Martínez, protagonizaron unha amena viaxe ás batallas napoleónicas que se desenvolveron neste histórico enclave. O percorrido continuou hacia a propia Ponte Ledesma e, finalmente, polas Illas de Gres. Dun xeito lúdico e didáctico, explicouse como se librou aquel episodio en 1809 entre as tropas de Napoleón e a formación de campesiños ao mando do mencionado militar. Unha loita coa que se logrou conter temporalmente o avance das tropas francesas grazas ao apoio da xente da zona, que batallou armada con trabucos e apeiros de labranza. O historiador e guía turístico Suso Martínez, que encarnou ó mencionado líder do batallón literario de Santiago de Compostela, encargouse de relatar para o público o enfrontamento.