El Correo Gallego

Noticia 11 de 38 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Éxito de participación no concurso de relatos Xosé Neira Vilas de Boqueixón

A.P.   | 30.04.2019 
A- A+

O certame de relatos Xosé Neira Vilas batía este ano récords de participación ao recibir un total de 123 propostas por parte do alumnado de 3º a 6º de primaria e de secundaria. O concurso, organizado pola biblioteca municipal de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, ten como principal obxectivo potenciar a lectura e a creatividade literaria entre o estudantado.

Esta semana coñeceranse os gañadores e os encargados de valorar os escritos serán o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo Neira; a bibliotecaria e arquiveira do Concello de Boqueixón, Ana Beatriz Díaz Míguez, e o profesor de Lingua e Literatura Galegas do CPI Antonio Orza Couto, Francisco Alexandre Pérez Rodríguez.

O certame literario repartirá ata 750 euros en galardóns (entre tres categorías distintas), que se distribuirán esta semana nun acto que se celebrará no CPI Antonio Orza Couto dentro da súa Semana das Letras Galegas.