El Correo Gallego

Noticia 50 de 73 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Inclúese a magnolia de Boqueixón no catálogo de árbores senlleiras galegas

Atópase en Lestedo, nunha finca privada, e destaca polas súas grandes dimensións

Imaxe da magnolia de Lestedo, Boqueixón - FOTO: ECG
Imaxe da magnolia de Lestedo, Boqueixón - FOTO: ECG

A.P.   | 03.04.2019 
A- A+

O último exemplar en incorporarse ao Catálogo Galego de Árbores Senlleiras é unha magnolia grandiflora, localizada en Lestedo, Boqueixón. Coa inclusión deste novo exemplar, sito nunha parcela privada no lugar da Picota, o número de elementos que integran este censo elévase xa ata 189.

Esta magnolia destaca pola súas dimensións: 20 metros de altura total e 4,15 de perímetro normal. O seu fuste é erguido e correspóndese coa morfoloxía característica desta especie. A proxección da súa gran copa ten máis de 300 metros cadrados de superficie.

Existen xa tres exemplares desta especie dentro do catálogo, cunhas medidas similares ás deste: a de Santa Rita, en Narón; de 15,5 m de altura e 6,15 de perímetro, as magnolias grandifloras do Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa; de 18,9 e 19 m de alto e 5,20 e 4,5 metros de contorno, e por último, a de Oural, ubicada en Boqueixón, que posúe 22,1 metros e 4,5 respectivamente.