El Correo Gallego

Noticia 9 de 38 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Pechan lista os populares de Boqueixón con cinco novidades e Munín á cabeza

A.P. BOQUEIXÓN   | 24.04.2019 
A- A+

O Partido Popular de Boqueixón vén de pechar a súa lista electoral para concorrer ás eleccións do 26 de maio, que estará encabezada polo actual alcalde, Manuel Fernández Munín. O número dous será para o profesor e presidente da Festa da Filloa, José Manuel Canabal, que será a primeira vez que vaia nunha candidatura. A número tres será a empresaria e actual concelleira de Política Social, Ana Seijo Mosquera.

Outra das novidades da lista popular é unha veciña de Oural, Marta Copóns Neira, que ocupa o cuarto lugar. No quinto estará o economista José Manuel Iglesias. O sexto posto está destinado ao actual edil de Formación, Emprego e Turismo, Alejandro Bermúdez. Como número sete irá o exalcalde e actual responsable de Servizos, Jesús Sanjuás; e de oito, o de Terra e Monte, Suso Santasmarinas. María Taboada, que na actualidade está xubilada e que foi presidenta da asociación de mulleres rurais de Oural, Pousada e Sucira ocupará o número nove. O dez será para a funcionaria Mary Botana, membro tamén da Corporación. Pecha a lista Patricia Fernández.