El Correo Gallego

Noticia 34 de 73 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Ponte Ledesma iluminarase este domingo durante a Noite Velada

Actuarán Estralampo, Muxicas da Silveira, Manoele de Felisa e Luz do Ilicinio

Centos de persoas na edición anterior.  - FOTO: C.Boqueixón
Centos de persoas na edición anterior. - FOTO: C.Boqueixón

A.P.   | 16.08.2019 
A- A+

Boqueixón. Este domingo, día 18, o campo do río de Ponte Ledesma acollerá unha nova edición da Noite Velada, despois de que tivese que suspenderse a semana pasada (ía celebrarse o día 9) debido ás condicións metereolóxicas adversas.

A partir das 20.30 horas a xornada estará amenizada polas actuacións de Estralampo, Luz do Ilicinio, Muxicas da Silveira e Manoele de Felisa. Durante todo o día os asistentes disporán ademais de postos de comida e bebida nos que aproveitar para gozar dunha cea acompañada por distintos ritmos musicais.

Á luz das centos de candeas que iluminarán a histórica ponte, A Noite Velada rematará cunha representación do conxuro da queimada e unha degustación de balde.

Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, pretende "aunar a tradición e a cultura envolta coa imaxe da ponte histórica iluminada", explican fontes municipais. Trátase dunha cita máxica e xa consolidada no municipio, polo que agardan que conte con centos de asistentes. Dende o goberno local animan á veciñanza e a xente da contorna a achegarse o domingo ata o municipio e desfrutar desta cita.