El Correo Gallego

Noticia 10 de 47 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Un cento de persoas participaron na visita teatralizada ao Pico Sacro

Esta iniciativa, incluída na programación do ciclo cultural Un mes e Pico, levou ao público por distintos puntos deste Monte Sagrado

Un momento da visita teatralizada 'A resurrección da Raíña Lupa. Translatio do corpo do Apóstolo', que se desenvolveu no Pico Sacro
Ver galería
Un momento da visita teatralizada 'A resurrección da Raíña Lupa. Translatio do corpo do Apóstolo', que se desenvolveu no Pico Sacro

BOQUEIXÓN  | 26.05.2019 
A- A+

Un cento de persoas participaron onte na visita teatralizada A resurrección da Raíña Lupa. Translatio do corpo do Apóstolo, que se desenvolveu no Pico Sacro. Esta iniciativa, incluída na programación do ciclo cultural Un mes e Pico, levou ao público por distintos puntos deste Monte Sagrado para representar e episodio en que os restos do Apóstolo Santiago chegaron a este emblemático lugar e foron finalmente protexidos pola Raíña Lupa.

Aires Nunes foi o guía desta particular viaxe polo tempo e polas lendas xacobeas. Tras unha primeira introdución sobre os episodios acontecidos neste enclave, entraron en escena os dous discípulos do Apóstolo Santiago, Teodoro e Atanasio, e a Raíña Lupa, completando este ameno percorrido histórico e cultural. Unha visita na que tamén se amosaron puntos de referencia como a Capela de San Sebastián, o propio cumio do Pico Sacro ou a rúa da Raíña Lupa, poñendo en valor, unha vez máis, a importancia deste Monte Sagrado como referente natural e cultural e fortemente vencellado á tradición xacobea.