El Correo Gallego

Noticia 24 de 37 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Varios estudantes coñecen o cabalo de pura raza galega no Pazo de Quián

Alumnos do CRA de Boqueixón-Vedra visitaron o centro de equinos autóctonos

Nenos do CRA Boqueixón-Vedra cos profesores - FOTO: ECG
Nenos do CRA Boqueixón-Vedra cos profesores - FOTO: ECG

A. PRADA   | 26.03.2019 
A- A+

Un total de 109 alumnos procedentes de Lestedo, Sergude, San Fins de Sales, San Xián e Sarandón (todos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado Neira Vilas) veñen de visitar o Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (Creag), ubicado no Pazo de Quián, en Boqueixón.

O obxectivo non foi outro que coñecer a historia do cabalo de pura raza galega. Os rapaces puideron obserbar as características morfolóxicas destes animais, así como a funcionalidade a través das distintas presentacións e exhibicións na pista cuberta.

O presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Jacobo Pérez Paz, e a amazona Paula Feijóo f­oron os encargados de protagonizar as diferentes actividades, que arrancaron o aplauso dos asistentes. Os mozos interactuaron tamén cos exemplares.

Hoxe tócalles visitar o centro aos estudantes do Ciclo Medio de Actividades Físico-deportivas no Medio Natural do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, en Silleda. Todas estas visitas de carácter formativo ás mencionadas instalacións, que son organizadas polo colectivo e pola Dirección Xeral de Gandeiría da Xunta de Galicia, teñen carácter totalmente gratuíto.