El Correo Gallego

Noticia 6 de 38 noticia anterior de Boqueixón Área de Compostela » Boqueixón

Xantar e sorteos o día 1 de maio na festa dos maiores

A. PRADA   | 11.04.2019 
A- A+

BOQUEIXÓN O polideportivo do Forte acollerá o día 1 de maio o 28 Encontro de Maiores. As entradas para participar estarán dispoñibles no concello ata o 26 deste mes. Os que teñan máis de 60 anos ou sexan pensionistas pagarán 10 euros e os menores de sesenta aportarán 20. A xornada arrancará cunha misa, e despois gozarán dun xantar, música, sorteos e agasallos.