El Correo Gallego

Noticia 1 de 5 noticia anterior de Catoira Área de Compostela » Catoira

Aberto o prazo de inscrición da V Romaría Vikinga 10 K de Catoira

Pecharase o vindeiro día 27, catro antes da proba, que manterá o percorrido habitual

Un momento da presentación da cita en Catoira - FOTO: ECG
Un momento da presentación da cita en Catoira - FOTO: ECG

ECG   | 12.03.2019 
A- A+

Santiago. O Auditorio Municipal de Catoira acolleu o pasado venres a presentación da V Romaría Vikinga 10 K Catoira, cuxo lema é Corre pola igualdade. A proba terá lugar o vindeiro 31 de marzo e a inscrición, a un prezo de cinco euros, xa está aberta ata o mércores 27 ás 23.59 horas, a través de emesports.es.

Os encargados de dar os detalles desta quinta edición foron o alcalde Alberto García, os concelleiros Natividad Busto Constantino e Salvador Losada Lorenzo, os atletas Celina Rodríguez (+9 Moraña) e Carlos Busto (Sar Petroni) e o responsable de Protección Civil Pedro Rey.

Ademais, estivo presente o futbolista Sergio Álvarez, porteiro catoirense do Celta de Vigo, padriño da proba xunto a Mónica Touriño, varias veces campioa de España de canicrós, quen non puido participar no evento ao atoparse disputando o Nacional de mushing sobre neve na estación de Baqueira Beret.

O percorrido da V Romaría Vikinga 10 K será o mesmo que nas edicións anteriores e tamén o cadro de categorías. Ademais entregaranse un trofeo, un casco e unha espada aos gañadores absolutos.