El Correo Gallego

Noticia 2 de 8 noticia anterior de Catoira Área de Compostela » Catoira

O alcalde de Catoira solicita unha unha reunión co xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra-Salnés para buscar unha solución á sobrecarga asistencial no centro de saúde

CONCELLO DE CATOIRA  | 20.07.2019 
A- A+

O alcalde de Catoira, Xoán Xosé Castaño, remitiu un escrito esta mañá ao xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra-Salnés, José Ramón Gómez Fernández, solicitando unha entrevista para buscar unha solución á precariedade na asistencia sanitaria que están a padecer os veciños e veciñas de Catoira.

No escrito, o alcalde explica que o centro de saúde de Catoira conta con dúas prazas de médicos, pero un dos postos leva tempo sen cubrir dende que a súa titular está de baixa. Esta situación provoca unha sobrecarga asistencial, así como unha demora nas citas de asistencia.

Por estes motivos, Castaño pretende reunirse co xerente para abordar esta situación e buscar medidas que permitan mellorar a calidade do servizo asistencial das veciñas e veciños de Catoira.