El Correo Gallego

Noticia 2 de 4 noticia anterior de Catoira Área de Compostela » Catoira

Comeza o despregamento de fibra óptica en Catoira

ALBERTO GARCIA - EIDOLOCAL.ES  | 15.03.2019 
A- A+

A empresa Telefónica está a despregar en Catoira as redes de banda larga de acceso ultrarrápido, que posibilitarán acceso a Internet de máis de 100 Mbps mediante fibra óptica.

Tras as xestións realizadas polo Goberno Municipal nos últimos anos e unha recente entrevista do alcalde, Alberto García, coa coordinadora de Telefónica para o despregue FTTH en Galicia, Patricia Rodiño, a compañía presentou o plan para a implantación da fibra óptica no municipio. As actuacións deste plan lévanse a cabo con subvencións dos plans de banda larga da Xunta de Galicia e da Administración Xeral do Estado.

A tecnoloxía de fibra permite unha gran velocidade na transmisión de datos, con maior capacidade, calidade e seguridade.