El Correo Gallego

Noticia 8 de 8 noticia anterior de Catoira Área de Compostela » Catoira

CATOIRA

Instalan un observatorio de aves no río en Catoira

O rexedor de Catoira, Alberto García, achegouse ó novo
observatorio ornitolóxico que se instalou á beira do río.
 - FOTO: C.C
O rexedor de Catoira, Alberto García, achegouse ó novo observatorio ornitolóxico que se instalou á beira do río. - FOTO: C.C

C.C.   | 04.03.2019 
A- A+

O alcalde de Catoira, Alberto García, visitou o observatorio ornitolóxico de madeira que se instalou na ribeira do río Ulla, nas inmediacións do paseo fluvial. Esta actuación forma parte do Proxecto para a divulgación dos valores ambientais do ZEC Ulla, que conta con unha subvención da Dirección Xeral de Patrimonio Natural de 19.957 euros. A localización da nova instalación foi marcada pola existencia de bandas de area na desembocadura do río Catoira, onde adoitan situarse varias especies de aves como garzas e corvos mariños e ten como obxectivo cubrir as necesidades dos afeccionados e especialistas en aves . A caseta conta con mesas interpretativas e está sinalizado o paseo peonil. Estela Arqueoloxía e Patrimonio executou a obra con 24.041 euros.