El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Acadan o compromiso do PSOE de Teo para colocar luces "cativas" este Nadal

Dende o grupo popular resaltan a discrepancia do rexedor de Anova con estas iniciativas

M.M.   | 03.12.2019 
A- A+

Despois das reiteradas peticións do grupo popular de Teo nestes últimos anos, "e tras a presión da veciñanza e comerciantes, o goberno local cedeu e colocará luces de Nadal", din na oposición. Iso sí, a concelleira Lemus xa anunciou que "serán cativas" e que, se alguén quere máis, terá que pagalas, segundo a formación de José Manuel Guerra. Do mesmo xeito, fan constar a diverxencia de criterio entre Anova e PSOE, ao confirmar o rexedor a súa opinión oposta.

"A señora Lemus pretende darlle vida ao comercio local facendo que paguen as luces quenes as queiran poñer. Extraña forma de apoialo!". Así de contundente manifestábase a edil María Vázquez á saída do último pleno ordinario teense, amosando tamén a súa satisfacción de que o grupo do PP tivera conseguido o compromiso do goberno local para que nesta edición instalen as luces.

Para o líder popular, foron "demasiados anos de mentes pechadas por parte de Son de Teo e PSOE por motivos estritamente ideolóxicos que non pensaban máis que no seu embigo sen mirar para veciñanza e comerciantes".