El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Acusan ó goberno amesán de abusar dos contratos menores

Dende a oposición popular critican que o 83 por cento dos formalizados polo BNG e o rexedor tiveron un só licitador

Presentación de desfbriladores que, xunto co mantemento, formalizouse por contrato menor e cunha oferta.  - FOTO: C.A.
Presentación de desfbriladores que, xunto co mantemento, formalizouse por contrato menor e cunha oferta. - FOTO: C.A.

O.D. VILLAR. AMES   | 13.01.2019 
A- A+

O grupo municipal do PP de Ames vén de facer balance da batería de contratos menores formalizados ao longo do pasado ano e que divulga o propio executivo local. E, a xuizo da oposición, "o resultado presenta unha lectura que deixa en moi mal lugar ao tripartito de cara a promover a libre concorrencia, competitividade e transparencia", xa que elevan ata preto dun 83 por cento os procesos adxudicados a un só concurrente.

Así, e sempre segundo os datos recoplilados, "exactamente o 82,72 % dos contratos menores foron adxudicados a unha soa empresa, entidade ou persoa, contradicindo unha vez máis aquela premisa de fai case catro anos cando alardeaban de que este sería un dos principais obxectivos para o tripartito, agora, co paso do tempo, queda en evidencia", indican dende o Partido Popular a este diario.

Este dato obxectivo, que a xuizo da oposición "non ten discusión algunha", amosa cuestións tan relevantes como que as concellerías que rexenta o BNG e as que son responsabilidade directa do alcalde, José Miñones, "son as máis opacas e son as que teñen o record de contratación a dedo". Deste xeito, e dos 140.927,03 euros pertencentes a contratos menores da concellería de Educación, "o 90,6% foi concedido a dedo a unha soa empresa, entidade ou persoa", unha porcentaxe que dispárase na Concellería de Comunicación e Normalización Lingüística, onde chega ao 100 %, "xa que os sete contratos formalizados por unha contía de 7.424,95 € tiveron un só licitador", di o PP.

Fora xa das competencias do BNG, o PP entra a analizar como se comportou a alcaldía, en mans dos socialistas, na mesma mecánica, resultado que "de 47 contratos formalizados por 132.554 euros, so houbo un licitador, mentras que a cifra elevouse a tres ou máis "noutros once por 104.787 euros", suliñan.

Pola súa banda, o resto das concellerías "acumulan os 36 contratos restantes, sendo a súa actividade a través de contratos menores menos intensa e algo máis repartida". Ao fío poñen como exemplo o departamento de Urbanismo, Obras e Servizos básicos "que tan só realizou 18 contratos, pero cun reparto máis equitativo, xa que dos 18 contratos, 3 foron a un só licitador, 2 foron a dous licitadores e o resto a tres ou máis licitadores".

Os contratos menores veñen definidos pola súa contía máxima e menos requerimentos que no resto de licitacións municipais.