El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Alternativa por Arzúa e o PSOE, dispostos a pactar

C.E.   | 12.06.2019 
A- A+

ARZÚA O alcalde en funcións de Arzúa, José Luis García, vén de manter xa dúas reunións cos socialistas e, segundo indicou, "hai predisposición a pactar por ambas partes, pero aínda non podo concretar nada". Hai que lembrar que a formación Alternativa por Arzúa perdeu a maioría o pasado 26-M e dende un principio foron altas as probabilidades dun acordo co PSOE.