Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ambar activa o programa EduDiversa sobre atención á diversidade nas aulas

Persoal da asociación formará aos docentes sobre como rachar as barreiras nos centros

Ribeira. A asociación de persoas con diversidade funcional Ambar presentou onte no restaurante Baiuca de Ribeira o programa EduDiversa, un plan de asesoramento e formación sobre a atención á diversidade destinado á comunidade educativa co obxectivo de crear aulas 100 % inclusivas.

O proxecto nace da necesidade de prestar unha atención á diversidade baseada no modelo de Dereitos Humanos. Para logralo, o colectivo ofrece formación gratuíta, asesoramento e apoio na adaptación de recursos educativos.

Vai dirixido a docentes e traballadores dos centros de ensino do Barbanza, a quenes se formará sobre como mellorar a atención á diversidade nas aulas e como empezar a adaptar materiais educativos.

Tamén se asesorará na adaptación do proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado con necesidades educativas e sobre a accesibilidade cognitiva e arquitectónica de cada centro.

Os participantes na iniciativa coñecerán metodoloxías innovadoras para a inclusión dentro da aula ordinaria e crearán itinerarios personalizados de apoio educativo utilizando tecnoloxías interactivas.

Na presentación, á que acudiron medio cento de persoas, participaron a presidenta de dita entidade, Milagros Rey, xunto con Laura Sieira e María Gómez, mestra e psicopedagoga da asociación, respectivamente; e Natividad Bouzas, xefa do Servizo de Inclusión e Orientación Educativa da Xunta. O programa conta ca colaboración da Fundación Obra Social La Caixa.

Ambar leva máis de tres décadas traballando na sensibilización sobre a diversidade funcional.

14 feb 2020 / 20:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito