El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ames adxudica as obras de saneamento de Ventosa

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a adxudicación dos traballos de mellora de dous camiños do rural, un deles na parroquia de Ortoño e o outro na de Ames

FOTO: C.A.
FOTO: C.A.

AMES. C.A.  | 13.04.2018 
A- A+

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de mellora de dous camiños do rural amesán: un que vai de Pousada á Capela de San Xoanciño, na parroquia de Ames, e outro situado no lugar de Sisalde, pertencente á parroquia de Ortoño. Estas dúas obras foron adxudicadas á empresa Construcciones Ponciano Nieto SL por un importe de 33.949 euros. Ademais, adxudicouse á empresa Obras y Viales de Galicia SL (OVIGA SL), o proxecto de saneamento no lugar de Ventosa, na parroquia de Covas, por un importe de 40.420 euros.

No proxecto “Camiño de Pousada á Capela de San Xoanciño (Ames) e outro” inclúense dúas actuacións a realizar en distintos lugares. A primeira delas é a de mellora do camiño de Pousada á Capela de San Xoanciño, que se divide en 4 treitos de distintas lonxitudes e anchuras nos que se prevé a mellora da capa de rodaxe mediante tratamento asfáltico superficial, previa canalización de 155 metros de tubería de 400 milímetros de diámetro e execución de arquetas para recollida de augas pluviais.

A outra actuación consiste na pavimentación dun camiño situado no lugar de Sisalde (Ortoño) dividido en tres treitos e no que se vai a aplicar unha capa de quince centímetros de formigón. Tamén se acondiciona un sobreancho de 80x4,50 metros realizado neste caso mediante seis centímetros de aglomerado en quente. Estas dúas obras foron adxudicadas á empresa Construcciones Ponciano Nieto SL por un importe de 33.949 euros.

Saneamento en Ventosa

Asemade, adxudicouse a obra de saneamento en Ventosa. A través desta actuación instalarase un colector de saneamento que conecte coa rede xeral no lugar de Ventosa, pertencente á parroquia de Covas. O novo colector será e PVC de 315 milímetros e instalarase cos seus pozos de rexistro correspondentes, previa escavación dunha gabia. Na zona próxima ao regato que cruza a tubería instalaranse pozos de rexistro de estanco e o cruce do regato reforzarase con dados de formigón e cunha tubería de fundición. Unha vez rematada a obras reporase o firme danado. Este proxecto foi adxudicado á empresa Obras y Viales de Galicia SL (OVIGA SL) por un importe de 40.420 euros.