El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

AMES

Ames celebrou cun acto os 40 anos da Constitución

O acto comezou cunha breve contextualización da época 
histórica na que xurdiu a Constitución e os asistentes
reflexionaron sobre os 40 anos da Carta
Magna.  - FOTO: C.A.
O acto comezou cunha breve contextualización da época histórica na que xurdiu a Constitución e os asistentes reflexionaron sobre os 40 anos da Carta Magna. - FOTO: C.A.

A.P.   | 07.12.2018 
A- A+

 Con motivo do 40 aniversario da Constitución Española, o Concello de Ames celebrou onte un acto conmemorativo no que se lles fixo entrega das medallas aos alcaldes que gobernaron en Ames dende 1978. O acto central arrancou coa apertura do rexedor actual, José Miñones, e a continuación entregáronselle as medalles aos tres alcaldes que gobernaron durante a vixencia da actual constitución: Carlos Fernández, Santiago Amor e José Astray (este último non puido asistir por motivos persoais). O acto estivo conducido pola xornalista Nazaret López e contou coa actuación de Marcos Valcarcel. Asistiron, entre outros, o cronista do Concello, Maximino Viñao, o presidente de Feiraco, José Montes ou o campión europeo de squash Borja Golán.