El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ames Novo acorda o orzamento para 2019 co goberno municipal

Máis dun millón de euros de incremento neste exercicio, cun presuposto de 25,8

Costas, 2º esqu., García, Amarelle e Calviño, de AN - FOTO: C.A.
Costas, 2º esqu., García, Amarelle e Calviño, de AN - FOTO: C.A.

R.BLANCO   | 16.02.2019 
A- A+

Ames. Con motivo do presuposto amesá para o exercicio de 2019, os voceiros dos tres grupos políticos que representan o goberno local, Blas García (PSOE), Genma Otero (Contigo Pódese) e David Santomil (BNG) e Quique Costas e Carmen Calviño por Ames Novo, participaron onte nunha reunión na que ambas partes acadaron un acordo sobre as novas contas.

O proxecto anual rexistra un incremento de máis dun millón de euros respecto do exercicio anterior, o que supón un total maior de 25,8 millóns. Mantense a aposta polos grandes eixes que marcaron os dous orzamentos anteriores: educación, servizos sociais e investimentos en infraestruturas básicas. Con todo, os últimos detalles sobre o acordo perfilaranse de cara á próxima semana.

Na xuntanza estableceuse a vontade de incorporar esa cifra de aumento ao documento para ir acometendo investimentos como os que se van destinar aos comedores escolares a fin de ir aumentando deste xeito o número de prazas.

A intención tamén é a de enviar as actuais dotacións a programas sociais e o aproveitamento dos fondos europeos DUSI que se lle conceden ao Concello de Ames. Estas actuacións non poderían levarse a cabo de ter mantido as contas prorrogadas entre os anos 2012 e 2017.