El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Andaina Pro Saúde Mental inaugura un local ordense para os 40 usuarios

comarca de santiago ~ ordes ~ dezaAnxo Carracedo falou das enfermidades mentais como as esquecidas do sistema

M. OUTEIRO   | 12.10.2018 
A- A+

Ordes. O coñecido xenetista e facultativo Anxo Carracedo inaugurou oficialmente o novo centro de rehabilitación psicosocial e laboral da asociación Andaina Pro Saúde Mental en Ordes, no número 14 da rúa Emilia Pardo Bazán, na zona do Paraíso. Suma 260 metros cadrados para unha entidade que traballa cuns corenta usuarios da comarca.

Neste local, os usuarios poderán seguir valéndose das distintas actividades e servizos que se veñen brindando dende hai anos: dende atención ao público ata sesións de movemento e psicomotricidade; rehabilitación cognitiva; educación, saúde e deporte; arteterapia; xestión da atención psicolóxica no domicilio e clases de cociña; obradoiros de igualdade; ioga e tamén as habilidades sociais.

Ditas actividades, das que tamén poden valerse persoas sen un diagnóstico emitido, veñen avaladas dende hai algún tempo polo Servizo Galego de Saúde e, recentemente, asinouse un convenio de colaboración co centro de rehabilitación ordense e co seu programa de atención domiciliaria. No seu turno de intervención, Carracedo compartiu cun auditorio cheo de convidados a súa experiencia no eido da enfermidade mental, calificándoa coma "a gran esquecida". Tamén interviu Julio Rodríguez, da Fundación Galega de Medicina Xenómica.