Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aparcamento adaptado e un ascensor para o polideportivo de O Milladoiro

    AMES A xunta de goberno local de Ames aprobou a adxudicación das obras de mellora da accesibilidade universal no pavillón polideportivo do Milladoiro. O proxecto ten un custo de 68.500 euros, IVE incluído, e está sufragado a través do Plan Único de Concellos POS+ 2018. Os traballos contemplan a creación dun aparcamento adaptado nos xa existentes, que siga a normativa de dimensións e bandas perfectamente delimitadas e pintadas e acceso á beirarrúa con paso de peóns. Tamén no espazo próximo á entrada onde se atopa o soportal norte do edificio, se propón ubicar un ascensor exterior cunha estrutura envolvente metálica. Xunto a el vaise habilitar un espazo superior para que poidan ubicarse os espectadores en cadeiras de rodas. As obras contemplan tamén a reestruturación dos aseos públicos da planta superior redefinindo os espazos e creando un aseo adaptado por sexo que dispoña de ducha adaptada coas súas barras, asento, sumidoiro, tipo de pavimento apto de maneira integrada e portas adaptadas onde proceda. Por último, vaise adaptar o mostrador de atención en conserxería para persoas con discapacidade.

    31 ene 2019 / 20:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito