El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Area recibirá 1,6 millóns para darlle pulos ás contratacións

Boiro, Cee, Ordes, Rianxo e Teo obterán a maior contía, 52.000 euros // Esta liña de axudas da Deputación aspira a crear 500 novos postos // Priorizarase a inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades

Un dos traballadores adscritos ao programa da Deputación PEL no seu posto de traballo - FOTO: ECG
Un dos traballadores adscritos ao programa da Deputación PEL no seu posto de traballo - FOTO: ECG

REDACCIÓN  | 05.04.2019 
A- A+

A Deputación da Coruña destinará este ano un orzamento de 1,6 millóns de euros aos concellos de Área a través do Plan de Emprego Local (PEL). En total, en toda a provincia, a axuda elévase ata os tres millóns para apoiar aos municipios de menos de 20.000 habitantes. Así o vén de publi- car o organismo coruñés no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que amosa como a cada un lle pertencen entre 19.000 e 52.000 euros en función do número de parados que se rexistran. Os que máis percibirán en Área (52.000) serán Boiro, Cee, Ordes, Rianxo e Teo. Tamén se fará cunha can- tidade elevada (50.000 €) Noia; e A Pobra, Coristanco, Padrón e Santa Comba serán os seguintes, cunha contía de 49.000 euros. Obtiveron estas subvencións to- dos os concellos que optaban a elas, agás Rois, por non ter apro- bada e presentada ante os órganos de control externo a última conta xeral do municipio, explican dende o ente provincial.

O presidente do mesmo, Valentín González Formoso, indicou que os operarios que se contraten deberán facer unha xornada mínima semanal de 25 horas e que realizarán labores de recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento de alcanta- rillado e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de par- ques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais.

Nas bases do programa esíxese asemade que se beneficie espe- cialmente aos colectivos máis afectados polo desemprego, é dicir, maiores de 45 anos, parados cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os membros en paro, vítimas da lacra da violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro é sensiblemente maior ao rexistrado entre os homes. Dentro destes colectivos primarán aqueles que teñan rematados programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral, organizados ou financiados polas administracións públicas.

OUTRAS LIÑAS A parte deste programa para a xeración de traballo, a institución ten activas tamén outras liñas. Por unha banda, as Pemes, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas a contratación da provincia o 75 % dos custes salariais do novo persoal. E por outra, o Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial, así como promoción dos viveiros e espazos de coworking.

Ademais, no pleno do mes de marzo aprobouse unha liña do Plan de Emprego Local, o Emprego Sostible no eido rural, dotado cun total de 5.315.739 euros dedicada a impulsar a formación e a creación de traballo nos muni- cipios rurais da provincia.