El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Arzúa inaugura esta tarde 'Camiño Compostal'

B.R.   | 15.01.2020 
A- A+

ARZÚA A biblioteca municipal Rosalía de Castro acollerá dende hoxe e ata o día 25 a mostra Camiño Compostal, que reúne 110 postais históricas da ruta Xacobea das que é comisario o xornalista e reporteiro gráfico José Manuel Salgado. Poderá visitarse en horario de 10.00 a 13.00 horas e polas tardes, excepto os sábados, das 16.00 ás 20.00. A inauguración é ás 19.30.