El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

As cifras polas vendas no primeiro día da campaña noiesa invitan ó optimismo

A pesar de que había menores expectativas, a Confraría de Noia facturou 49.000 euros máis que no inicio da pasada

Distintos mariscadores levan os quilos de bivalvo capturados ata a lonxa situada na zona portuaria de Testal.  - FOTO:  J. C
Distintos mariscadores levan os quilos de bivalvo capturados ata a lonxa situada na zona portuaria de Testal. - FOTO: J. C

JUAN CAAMAÑO NOIA   | 12.09.2018 
A- A+

A campaña marisqueira en Noia facturou no seu primeiro día un total de 353.351,25 euros. Estas cifras aportadas pola Confraría de Noia confirman o aumento de facturación en comparación co inicio de campaña do pasado ano, onde se facturaron un total de 304.566,19 euros, o que confirma que durante a primeira xornada da actual campaña facturáronse 49.000 euros máis que na anterior campaña.

No inicio deste ano destaca a presencia de berberecho de segunda categoría, xa que a súa captura foi mil quilos superior que a do ano pasado. O seu prezo medio foi de case 7 euros, mentres que o anterior foi algo inferior, uns 6,70 euros. Por contra, o prezo medio do de primeira categoría é inferior nesta ocasión, sendo de 12 euros, tres menos en comparativa coa pasada campaña.

En canto a ameixa, destaca a presenza da especie xapónica. Foron extraídos un total de seis mil quilos, mentres que o ano pasado recolléronse no primeiro día uns dous mil douscentos. Foi tamén superior a extracción de ameixa fina de primeira categoría cun prezo medio de 71 euros.