El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

As obras no local social da Barquiña rematarán ao longo da próxima semana

O Concello de Noia está a investir un total de 3.500 euros nestes traballos

J. C.   | 12.10.2018 
A- A+

Noia. O Concello de Noia continúa cas obras para mellorar o local social da parroquia da Barquiña. Estes traballos, nos que se invisten 13.500 euros, estarán rematados ao longo da próxima semana.

A concelleira de Relacións Veciñais, Ana Belén García Vidal, sinalou que "estes traballos forman parte do plan de mellora dos locais sociais que o Concello de Noia está a realizar nas distintas parroquias. Neste caso concreto da Barquiña, as obras centraranse en corrixir os problemas de humidade que ten o inmoble, así como proceder ao seu pintado e reparación de algúns elementos da carpintería interior".

Esta actuación forma parte do plan de mellora dos locais sociais e que comezou meses atrás co arranxo do local social de Barro, onde se substituíron as baixantes e os canlóns para solucionar os problemas coas humidades. Os locais sociais das parroquias de Boa, Ousoño, Barro e a Ponte de San Francisco tamén terán melloras.