El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Asinado o contrato para a posta en marcha da primeira Escola de Hostalaría municipal

Evencio Ferrero, no centro, e a súa esquerda Fernando Agrasar na frma - FOTO: C.C.
Evencio Ferrero, no centro, e a súa esquerda Fernando Agrasar na frma - FOTO: C.C.

ARCA   | 11.07.2018 
A- A+

As numerosas solicitudes de información que se recibiron ao longo do luns nas oficinas municipais do Fórum demostran o enorme interese provocado pola posta en marcha da Escola de Hostalaría de Carballo, a primeira de Galicia sostida integramente con fondos municipais, cun programa formativo propio e cunha cociña única, informou o Concello. "As instalacións que hai no Fórum hainas en poucas escolas, por non dicir en ningunha", aseguraba o prestixioso cociñeiro Fernando Agrasar, que será o director e un dos docentes da escola, durante a sinatura do contrato. Ademais do alcalde, Evencio Ferrero, tamén asistiu ao acto o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira. Posteriormente celebrouse unha primeira xuntanza de traballo. A empresa Garfio de Barizo S. L., representada por Agrasar, será a responsable da formación do alumnado O alcalde reiterou a aposta do seu goberno por unha formación de calidade e que realmente sirva para facilitar a inserción laboral. Con esa intención, o Concello de Carballo vai destinar nos vindeiros dous anos preto de 200.000 euros á formación de 30 persoas, 15 por curso.