El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Atraccións sen música en Cee para os nenos con autismo

M. LAVANDEIRA   | 14.08.2019 
A- A+

Cee. As festas da Virxe da Xunqueira de Cee, que comezaron onte coa lectura do pregón e un concerto de Fernando Fraga, apostan pola inclusión e, por primeira vez, as atraccións funcionarán sen música durante unha hora, de 18.00 a 19.00 h., dende hoxe ata o sábado, día 17.

O obxectivo é que os nenos e nenas con autismo poidan gozar das mesmas sen que o elevado nivel de ruído os moleste, segundo afirmou Emilia Trillo, concelleira de Benestar, Servizos Sociais e Emprego. A iniciativa, engadíu, xurdíu da petición dun grupo de nais e, dende o concello, "falouse cos feirantes que, dende o principio, amosaron a súa total colaboración, polo que queremos darlle as grazas".

Lembrar que hoxe, a partir das 23.00 horas, haberá verbena coa orquestra Marbella e a discoteca móbil La Mega CDC.