El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Avalan a xestión da auga de Carballo coa norma máis utilizada no mundo

Gestagua é a primeira empresa española certificada por Aenor coa UNE-ISO 50001

Acto de entrega do certificado onte en Carballo - FOTO: Concello de Carballo
Acto de entrega do certificado onte en Carballo - FOTO: Concello de Carballo

M. R. L.   | 18.10.2019 
A- A+

Carballo. A concesionaria do ciclo integral da auga en Carballo, Gestagua, converteuse na primeira empresa española auditada e certificada por Aenor segundo os novos requisitos da norma UNE-ISO 50001 Sistema de Xestión da Enerxía.

Baseáse no principio "medir para identificar, e identificar para mellorar", establecendo un sistema de xestión enerxético que fai posible o uso eficiente da enerxía requirida polas instalacións xestionadas por Gestagua en dous concellos: Carballo e Madridejos (Toledo).

O certificado foille entregado onte nun acto celebrado no concello carballés. Asistiron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas; o director da delegación occidental de Aenor, Martín Pita e o director de explotacións de Gestagua, Gonzalo Murillo, entre outros. O rexedor carballés felicitou á empresa e falou do importante esforzo que leva feito e segue a facer o Concello no ciclo integral da auga. Citou como exemplo a obra do abastecemento a Oza e Razo, en execución nestes momentos, con 1,7 millóns de orzamento, que o converten "no investimento máis alto da historia realizado polo Concello sen axudas".