El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Balance positivo de instituciónsen favor dos mozos no Milladoiro

Por primeira vez tiveron participación activa os alumnos nesta rede formativa

A.P.   | 07.12.2018 
A- A+

Ames. A Rede do IES do Milladoiro nacía hai tres anos co obxectivo de converterse nunha mesa de traballo coas institucións coas que operan no centro e que ten como eixes a mellora da convivencia e a saúde escolares. Forman parte da Rede: Anpa Ágora do IES do Milladoiro, Anpa do IES do Milladoiro 'Anpa Milla', Asamblea de Cooperación pola Paz, Asociación de Empresarios do Milladoiro, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, Centro de Educación Primaria de Ventín, Centro de Saúde, Concello de Ames, Departamento de Didácticas Aplicadas da USC, Escola Infantil do Milladoiro, Fundación Secretariado Xitano; Garda Civil do Milladoiro, Inspección educativa, IES do Milladoiro e o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector. Durante o último curso 2017/18 a Rede celebrou tres encontros plenarios e varias reunións bilaterais. Ademais participaron por primeira vez representantes do alumnado, que solicitaron ao instituto máis charlas de formación sobre LGTBI, e no que se refire ao Concello, máis espazos para a mocidade.

Froito do traballo feito son, entre outros, a aprobación dun escrito sobre alumnado que non coñece ningunha das linguas oficiais, asumido pola CCP do 30/1/2018, ou os acordos entre o Colexio de Ventín e o instituto para o intercambio de información. A valoración que fan dende a Rede do traballo do último ano é moi positiva, polo que retomará as súas reunións no primeiro trimestre do 2018-19. De todo isto falarase nunha reunión que se celebrará o próximo xoves día 13, ás 13.00 horas, na biblioteca do instituto.