El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Bandeira terá de novo dous médicos no consultorio

ARCA   | 11.01.2019 
A- A+

SILLEDA O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, vén de recibir por parte da xerente do Sergas, Eloina Núñez, a confirmación de que a partir da vindeira semana estarán cubertas as dúas prazas de facultativos no consultorio médico da Bandeira. A mediados do pasado mes de decembro a xerencia xa se comprometera co alcalde a cubrir as dúas prazas despois das vacacións de Nadal.